Paseo Sagrera

Ao principio deste paseo, na esquina coa avenida Antoni Maura, erixiuse, no ano 1967, un monumento a Ramon Llull, obra do escultor Horacio de Eguía. Presenta unha estatua colosal e uns versículos de Llull en catalán, árabe e latín. Moi preto está a Llotja (‘lonxa’) de Palma, un dos edificios góticos máis emblemáticos de Palma, edificado por Guillem Sagrera, de quen toma nome o paseo.

 

Citas de Ramon Llull

 
«Fuxe antes do príncipe malo que da serpe»
 

Mensaxes sobre Ramon Llull

 
Ramon Llull foi considerado por algúns un alquimista, unha ciencia medieval que el nunca practicou.
 

Últimas creacións