Relixioso

Ramon Llull orando na montaña de Randa (Mallorca). Breviculum, I. Thomas le Myésier, 1325

Trátase da dimensión máis relevante e coñecida de Ramon Llull. Teólogo, misioneiro, místico (foi considerado pai da gran tradición mística ibérica), ermitán, moralista, predicador, cristián converso e activo e, non obstante, laico (non sacerdote).

Dende unha visión propia do franciscanismo reformista, o seu empeño predicador, que xurdiu dun transo de iluminación divina, era integral e sincero. Foi precursor do ecumenismo, é dicir, da convivencia pacífica entre relixións, e propuxo a razón, entendida como universal e común ao xénero humano, como método para convencer aos demais das bondades da propia fe. Nos seus libros sintetiza un discurso cristián con elementos islámicos (como a lóxica de Al-Gazzalí) e hebraicos (como o emprego de letras para a representación de ideas, propio da Cábala).

Dentro do cristianismo da época, o seu pensamento, sempre libre e independente, recolle elementos da escola dominica (a tendencia racional) e da franciscana (o espiritualismo). 

 

Citas de Ramon Llull

 
«Quen non se ten a si mesmo é moi pobre»
 

Mensaxes sobre Ramon Llull

 
Ramon Llull deixou a súa familia e a vida mundana en 1262 para dedicarse en corpo e alma á conversión dos «infieis».
 

Últimas creacións