O personaxe

Ramon Llull. Retrato do século XVI. Schweizerische Sammlung f. Historisches Apothekenwesen. Basilea, Suíza. Grabado. FRimages. Photoaisa.

Ramon Llull (Raimundo Lulio) naceu na Cidade de Mallorca (nome medieval de Palma) en 1232 ou 1233, pouco despois da conquista catalano-aragonesa da illa por parte do rei Xaime I (1229). Llull foi un pensador audaz, un místico fervente e un precursor en diversos campos do coñecemento. Viaxou polo Mediterráneo buscando o apoio dos monarcas á súa causa, que non era outra que a conversión do «infiel». A súa arma era a razón, o Ars (‘Arte’), un método filosófico baseado no debate, que debía ser infalible. Escribiu en catalán, latín e árabe. Morreu decepcionado en 1316, con máis de oitenta anos, no barco de volta de Tunes, a onde acudira a debater cos musulmáns. A figura de Ramon Llull agrandouse co paso dos séculos.

 

Citas de Ramon Llull

 
«Non vivas dos demais e vivirás libre»
 

Mensaxes sobre Ramon Llull

 
Ramon Llull viaxou ás principais cidades do Mediterráneo e alí entrevistouse cos papas e reis da época.
 

Últimas creacións