Puig de Randa (Algaida)

RAMON LLULL NO PUIG DE RANDA

Ramon Llull retírase ao Puig de Randa cando tiña ao redor de trinta anos, onde fai vida de ermitán dentro dunha cova. Alí entrégase á meditación e acontécelle a iluminación. Segundo a tradición, en Randa decide escribir o Ars, a súa grande obra, onde expón un ambicioso sistema filosófico de alcance universal destinado a atopar a verdade. Despois de escribir o seus primeiros libros no mosteiro da Real (Palma), volve a Randa para dar grazas a Deus. A cultura popular de Mallorca recolle unha lenda relacionada coa súa estancia en Randa: a existencia da «mata escrita», un lentisco cuxas follas estarían cheas de liñas e puntos que, nalgún código oriental, reflicten as palabras ditadas por Deus ao mestre iluminado.

DESCRICIÓN

O Puig de Randa está situado na parte meridional do Pla de Mallorca, no termo municipal de Algaida, limitando co de Llucmajor. Alcanza os 543 metros de altura sobre o nivel do mar. A panorámica sobre a illa é impresionante en todas as direccións. Sobre esta montaña de perfil suave, visible dende boa parte de Mallorca, atópase o santuario da Virxe de Cura, que adquiriu notoriedade no século XVI; entrou en decadencia no século XIX e foi restaurado, a comezos do século XX, polo bispo Pere Joan Campins. Os frades terciarios regulares franciscanos fixéronse cargo do mesmo en 1913 e instalaron o noviciado de Mallorca. Actualmente, alí permanece unha pequena comunidade de monxes; hai un bar, un restaurante e unha hospedaría para os peregrinos e visitantes. Na vertente sur-leste desa verdadeira «montaña sagrada», de gran tradición eremítica, hai dous santuarios máis: o de Sant Honorat (fundado en 1394) e o de Gràcia (fundado en 1497). 

RECOÑECEMENTO PATRIMONIAL

ANEI (Área Natural de Especial Interese)

Estatua de Ramon Llull no santuario de Cura, no Puig de Randa (Algaida, Mallorca). IRU, S.L.Santuario de Cura, no Puig de Randa (Algaida, Mallorca). IRU, S.L.Santuario de Cura, no Puig de Randa (Algaida, Mallorca). IRU, S.L.Santuario de Cura, no Puig de Randa (Algaida, Mallorca). IRU, S.L.
 

Citas de Ramon Llull

 
«Ningún tesouro é maior que a verdade»
 

Mensaxes sobre Ramon Llull

 
Ramon Llull peregrinou a Santiago de Compostela en 1265, con 33 anos de idade.
 

Últimas creacións