O mundo de Ramon Llull

Atlas catalán (1375), de Abraham e Jafudà Cresques. Fragmento. Terceira e cuarta folla. Mapa do mundo coñecido no s. XIV. Primeira representación da rosa dos ventos. Reprodución do orixinal, que se atopa na Biblioteca Nacional de París. Miniatura. Madrid. Museo Naval. J. Bedmar/Iberfoto. Photoaisa.

A Mallorca do século XIII, recentemente conquistada polos cataláns e integrada por diversas culturas, é o paradigma dun Mediterráneo convulso e dinámico. A nova cultura cristiá, hispánica e carolinxia, convive, por unha banda, cos restos fumarentos dun Islam recentemente derrotado e, pola outra, coa persistencia de potentes núcleos hebraicos.

Ramon Llull naceu nun crisol de culturas. Mentres quería dar a coñecer, coñeceu. E coñecendo, imbuíuse de pensamentos moi diferentes do seu, ata converterse nun dos intelectuais máis universais e potentes da Baixa Idade Media europea. Ao longo da súa vida traballou para construír unha síntese orixinal e persoal, e con todo propia, do seu tempo e da súa xeografía.

Coñecer o contexto histórico da devandita época resulta fundamental para situar e entender a figura de Ramon Llull e o alcance da súa obra. 

 

Citas de Ramon Llull

 
«Ningún tesouro é maior que a verdade»
 

Mensaxes sobre Ramon Llull

 
Ramon Llull falaba catalán, occitano, francés, árabe e latín, e promoveu a aprendizaxe de linguas.
 

Últimas creacións