Europa e o Mediterráneo

 

Xerusalén

RAMON LLULL EN XERUSALÉN

Aínda que non se sabe con total certeza se Ramon Llull chegou a Xerusalén, é moi probable que o fixese en 1302, despois de abandonar Armenia Menor. Segundo algunhas fontes, viaxou a Terra Santa xa en 1265. En calquera caso, Xerusalén está moi presente en diversas obras de Llull, especialmente no Liber de Fine, onde deseña unha cruzada que nunca chegou a realizarse, propoñendo a ruta de Al-Ándalus e o norte de África para chegar á Cidade Santa.

 

XERUSALÉN, ENTÓN E AGORA

Xerusalén, capital de Palestina, está situada nun altiplano, a 700 m de altitude sobre o mar Mediterráneo. Xa no século XIV a.C. aparece o seu nome (Urušalim) nunhas táboas de Al-Amārna. Conquistada e reconquistada infinidade de veces, no século II d.C. os romanos expulsaron aos xudeus da cidade prohibíndolles volver. Na Baixa Idade Media os cruzados arrebatáronlla aos árabes (1099) e instauraron o Reino Latino de Xerusalén, que, en 1187, acabou caendo en mans de Saladino. Pasou ao Imperio Otomán en 1561, logo foi colonia británica e, dende 1967, está baixo administración de facto de Israel, estado do cal é a capital oficial.

 Xerusalén conta con monumentos e santuarios das tres grandes confesións monoteístas. Do xudaísmo destaca o Muro das Lamentacións, que pertencera ao antigo templo derruído polos romanos no ano 70. Entre os monumentos islámicos sobresaen as mesquitas de Umar e de Al-Aqsa (século XI) e a Cúpula da Roca. En canto aos elementos cristiáns, os máis notables son as edificacións ao redor do Calvario ou Gólgota e a basílica do Santo Sepulcro, así como o mosteiro da Santa Cruz (fundado no século VI). A cidade antiga de Xerusalén é un importantísimo centro de peregrinación e turismo que a UNESCO declarou Patrimonio da Humanidade en 1981.

 

Citas de Ramon Llull

 
«O home larpeiro, cando non come chora e cando comeu arrepíntese»
 

Mensaxes sobre Ramon Llull

 
Ramon Llull está enterrado na basílica de Sant Francesc, en Palma (Mallorca).
 

Últimas creacións