Ramon llull despois de Ramon Llull

Enterro de Ramon Llull, segundo cadro ao óleo de Miquel Bestard (1592-1633). Ajuntament de Palma.

A obra de Ramon Llull é inalcanzable de tan rica e constituíu o fermento do lulismo, unha corrente intelectual que iniciaron os seus discípulos e que busca o coñecemento e a difusión do seu pensamento, reivindicando o seu valor e a súa vixencia.

Doutra banda, hai que dicir que o prestixio de Llull usouse para atribuírlle obras que el nunca escribiu (sobre alquimia, por exemplo) e a súa figura foi obxecto de diversas lendas e mistificacións ao longo dos séculos. Censurado pola Inquisición, foi recuperado polo Humanismo, a Contrarreforma e, máis tarde, lo Romanticismo. A Igrexa católica declarouno beato (a súa festa conmemórase o 29 de marzo). En calquera caso, a figura e pensamento do que conseguiu por méritos propios o alcume de «Doutor Iluminado», chega con forza ata a actualidade.

O nome de Ramon Llull, así coma o adxectivo «luliano», figura hoxe na cabeceira de institucións culturais de gran prestixio, especialmente en territorios de fala catalá: Institut Ramon Llull, Universitat Ramon Llull, Estudi General Lul·lià, Societat Arqueològica Lul·liana.

 

Citas de Ramon Llull

 
«O home avaro non ten nada»
 

Mensaxes sobre Ramon Llull

 
Ramon Llull peregrinou a Santiago de Compostela en 1265, con 33 anos de idade.
 

Últimas creacións